Consideracións a ter en conta
As tarefas que se solicitan no REA non especifican exactamente os procedementos ou instrumentos que o alumnado deberá utilizar para acadar o resultado óptimo, desta forma preténdese manter unha neutralidade nos condicionantes tecnolóxicos para o profesorado, e que sexa a propia persoa docente a que determine as ferramentas ou o formato máis adecuado para realizar as tarefas.
O REA deseñouse para que as posibles limitacións de equipamento tecnolóxico nos centros educativos non condicionara a posta en marcha deste proxecto.
Considéranse tres procedementos de realización das tarefas:
- Analóxico: con uso de materiais habituais nas aulas como poden tesoiras, cartolina, material de escritura etc.
- Dixital offline: con uso de equipos tecnolóxicos pero sen posibilidade de conexión a Internet.
- Dixital online: uso plataformas e servizos online.
Nas recomendacións de uso ofrécese máis información e propostas de traballo para os procedementos anteriores.