Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 8 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais, fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían este REA. 

Na proposta planificase unha primeira sesión na aula na que se entenderá o reto proposto (Fase 1), se realizarán uns exercicios interactivos sinxelos nos que activar os seus coñecementos previos conceptuais dos contidos a tratar e faranse os equipos de traballo coas consignas do mestre ou mestra (Fase 2) e xa se presentará o contido das redes sociais do punto 3.1 (Fase 3) para poder comezar a configurar os seus perfiles individuais e de grupo no seu tempo de lecer. Na segunda sesión, que xa é motriz, realizaremos unha avaliación inicial/coñecementos previos da Fase 2.

A partir dese intre, comezaríamos a segunda parte da Fase 3 relativa aos contidos propios de Educación Física que teñen relación co reto. A dinámica das sesións que propoñemos é que o alumnado teña a posibilidade de visualizar previamente na casa (ou nun momento que non sexa durante a sesión) o contido que imos tratar durante as sesións motrices para así anticipar eses contidos. Os contidos trataranse igualmente nas sesións motrices pero esa ampliación con vídeos e lecturas, ten máis profundidade no REA interactivo, que sería o fío condutor da situación de aprendizaxe. Tamén, posto que o diario de aprendizaxe require dun proceso de reflexión ao rematar cada bloque, cubrirase nun momento ao final de cada fase, ben sexa na aula ou noutro momento que o alumnado atope. Durante a Fase 3, nas sesións motrices xa estarán gravando o contido e interactuando entre eles. Ese contido servirá para a montaxe da súa rede social, correspondente á Fase 4.

A Fase 5, correspondentes á presentación dos seus retos e as conclusións e reflexións conxuntas sobre a rede social, realizarase na aula.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
FASE 1: Enrédate

1.1 Un mundo súper conectado

1.2 O reto

1.3 Obxectivos

1.4 O noso plan de acción

1.5 Diario de aprendizaxe

  • Presentación da situación de aprendizaxe: as redes sociais e a capacidade dos seres humanos para expresarse sen utilizar palabras: a expresión corporal.
  • Comprender o reto, os obxectivos e as metas a alcanzar.
  • Entender os pasos que faremos durante a situación de aprendizaxe.
  • Explicación do diario de aprendizaxe e chamada para cubrir a fase 1.

Sesión 1

Aula ordinaria

FASE 2: Comparte o que xa sabes

2.1 Os equipos

2.2 Que sabes sobre as redes sociais?

2.3 Que saben as redes sociais sobre ti?

2.4 Emocións e redes

2.5 Diario de aprendizaxe

  • Formación de equipos nivelados e cubrir ficha de equipo cas normas da rede social. (S1)
  • Actividades e xogos de coñecementos previos relacionadas cas redes sociais. (S1)
  • Actividades multinivel de coñecementos previos relacionadas coas emocións. (S1)
  • Chamada para cubrir a fase 2 do diario de aprendizaxe.
  • Sesión motriz: actividades de avaliación inicial sobre contidos previos será a primeira sesión motriz. (S2)

Sesión 1 (S1)

Aula ordinaria

Sesión 2 (S2)

Sesión motriz de avaliación inicial

FASE 3: Unha rede chea de contidos

3.1 Redes sociais e algo máis...

3.2 Configuramos a nosa rede

3.3 O noso contido: a expresión corporal

   Bailes e danzas tradicionais

   Acrosport

   Dramatizacións

3.4 Diario de aprendizaxe

  • Actividades e centradas no coñecemento de que é unha rede social, a netiqueta para comportarnos correctamente na rede e o perigo da información falsa en Internet. (S1)
  • Configurar o perfil individual e a páxina de grupo onde colgarán (como se se tratase dun portfolio) as fotografías e vídeos relacionados cos contidos de Educación Física da situación de aprendizaxe.
  • Afondar nos contidos das danzas e bailes, o acrosport e as dramatizacións. Este contido, ademais de tratarse durante as sesións motrices estará dispoñible para consulta en calquera momento polo alumnado. (Aula invertida)
  • Sesións motrices 3-4-5-6-7 nas que se farán bailes e danzas como activación, acrosport e dramatizacións. Nas sesións poderán comezar a gravar o seu contido para encher a súa rede.
  • Chamada á cubrir a fase 3 do seu diario de aprendizaxe.

Sesión 1 (S1)

Aula ordinaria

  A continuación comezase a complementar as sesións motrices con metodoloxía coma aula invertida (Flipped Classroom)

Sesións

3-4-5-6-7

Sesións motrices centradas nos contidos. Simultaneamente o alumnado fai as gravacións e interaccións cos compañeiros/as e cos contidos creados.

FASE 4: Experimenta coa rede social

4.1 Crea contido

4.2 Interacciona

4.3 Comproba o teu reto

4.4 Diario de aprendizaxe

  • Esta fase está centrada na elaboración do reto aínda que nesta situación de aprendizaxe faise simultaneamente ca fase 3 de exploración de contidos anterior.
  • Durante as sesións 3-4-5-6-7 o alumnado estará creando o contido da súa rede e terá que interaccionar co contido e os compañeiros/as de outros grupos mediante os comentarios e iconas de reacción.
  • Lista de cotexo para comprobar se teñen todas as partes do seu reto logradas.
  • Chamada a cubrir a fase 4 do seu diario de aprendizaxe.

Sesións motrices

3-4-5-6-7

Gravacións durante as sesións motrices

e tempos de lecer para as interaccións

FASE 5: Conclusións

5.1 Coavaliación e reflexión

5.2 O traballo en equipo

5.3 Valoro o meu traballo

5.4 Diario de aprendizaxe

  • Actividades de coavaliacion dos retos, reflexión en grupo sobre os contidos, as emocións e as redes sociais.
  • Avaliación do traballo en grupo e do traballo individual durante a situación de aprendizaxe.

Sesión 8 (S8)

Conclusións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)