Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundamentase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na Etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea cara ao tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Debemos lembrar que a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral e que utiliza o movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético-comunicativa, de relacións persoais, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Este REA contribúe a uns dos obxectivos principais da área: aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos da práctica motriz, recoñecendo diferentes manifestacións da cultura motriz, como parte relevante do patrimonio cultural, expresivo e artístico, que poden converterse en obxecto de gozo e aprendizaxe.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz.

O REA "Exprésate na rede" se vincula directamente cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), xa que traballa aspectos como a educación de calidade, a inclusión, o benestar emocional e a aprendizaxe do uso responsable das tecnoloxías. Algúns dos ODS que se relacionan ca proposta son:

  • ODS 3: Saúde e benestar → A expresión corporal e o movemento físico contribúen ao desenvolvemento físico e mental, fomentando o benestar emocional e social.
  • ODS 4: Educación de calidade → Inclúe a alfabetización dixital, é dicir, aprender a usar correctamente as redes sociais nun futuro, distinguir información fiable e evitar malas prácticas en liña.
  • ODS 10: Redución das desigualdades → Promove o respecto polas diferentes realidades corporais e traballa a autoestima e a confianza. Tamén intenta asegurar que todas as persoas teñan acceso a información segura e a un entorno dixital inclusivo.
  • ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas → A educación emocional e a resolución de conflitos mediante a expresión corporal axuda a fortalecer habilidades de convivencia e respecto. Fomenta a seguridade en Internet, a protección de datos persoais e a loita contra a desinformación e os discursos de odio.
  • ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos → O traballo cooperativo na creación de contido multimedia na aula fomenta a cooperación e o uso responsable das redes sociais.

A través desta situación de aprendizaxe, os estudantes non só melloran a súa expresión motriz, senón que tamén adquiren habilidades sociais, emocionais e dixitais fundamentais para un mundo máis sustentable e respectuoso.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 4: Expresa-T, que corresponde á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Educación Física na aplicación PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.2-Saúde social:
    • C1.2.4-Aceptación de distintas tipoloxías corporais para practicar, en igualdade, diversidade de actividades físico-deportivas.
    • C1.2.5-Estereotipos corporais, de xénero e competencia motriz.
Bloque 1
  • C2.5-Planificación e autorregulación de proxectos motores: seguimento e valoración durante o proceso e o resultado.
  • C2.6-Uso de ferramentas ou plataformas dixitais.
  • C2.7-Prevención de accidentes e lesións nas prácticas motrices: quecemento xeral, dosificación do esforzo e volta á calma. Importancia de respectar as normas de seguridade. Compromiso de responsabilidade cara á seguridade propia e á dos demais.
Bloque 2
  • C3.1-Toma de decisións:
    • C3.1.2-Adecuación de accións para o axuste espazo-temporal na interacción cos compañeiros en situacións cooperativas.
  • C3.2-Esquema corporal:
    • C3.2.1-Equilibrio estático e dinámico en situacións complexas ou superficies inestables.
    • C3.2.2-Estruturación espacial, percepción de obxectos e de distancias, orientación, percepción e interceptación de traxectorias, agrupamento-dispersión e transposición.
    • C3.2.3-Dominio e control motor en situacións complexas e descoñecidas.
  • C3.3-Capacidades condicionais: capacidades físicas básicas e resultantes (coordinación, equilibrio e axilidade).
  • C3.5-Creatividade motriz: Identificación de estímulos internos ou externos que esixan un reaxuste instantáneo da acción motriz.
Bloque 3
  • C4.1-Xestión emocional: autoestima, ansiedade e situacións motrices. Estratexias de afrontamento e xestión.
  • C4.2-Autonomía e autoconfianza: aumento da autonomía persoal, mellora e afianzamento da confianza en si mesmo e nos demais durante a práctica motriz.
  • C4.3-Habilidades sociais: estratexias de traballo en equipo para a resolución construtiva de conflitos nas diversas situacións motrices.
Bloque 4
  • C5.2-Coñecemento e execución de bailes e danzas populares de Galicia, de España e do mundo.
    • C5.2.3-Coñecemento e execución de bailes e danzas populares doutros lugares do mundo.
  • C5.3-Usos comunicativos da corporalidade: comunicación de sensacións, sentimentos, emocións e ideas complexas.
  • C5.4-Práctica de actividades rítmico-musicais con carácter expresivo.
Bloque 5

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.
OBX 2 Adaptar os elementos propios do esquema corporal, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e as destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións, para dar resposta ás demandas de proxectos motores e de prácticas motrices con distintas finalidades en contextos da vida diaria.
OBX 3 Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude empática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.
OBX 4 Recoñecer e practicar diferentes manifestacións lúdicas, físico-deportivas e artístico-expresivas propias da cultura motriz, valorando a súa influencia e as súas achegas estéticas e creativas á cultura tradicional e contemporánea, para integralas nas situacións motrices que se utilizan regularmente na vida cotiá.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL) CCL 1 e CCL 5
COMPETENCIA PLURILINGÜE (CP) CP3
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM) STEM 1 , STEM 2 e STEM 5
COMPETENCIA DIXITAL (CD) CD 3
COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER (CPSAA) CPSAA 1, CPSAA 2, CPSAA 3, CPSAA 4  E CPSAA 5
COMPETENCIA CIDADÁ (CC) CC 2 , CC 3 
COMPETENCIA EMPRENDEDORA (CE) CE 3
COMPETENCIA  EN CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAIS (CCEC) CCEC 1, CCEC 2, CCEC 3 e CCEC 4.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)