Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundaméntase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na etapa de Educación Primaria: socialización, autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea para o tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos dous sexos.

Eixes da proposta didáctica:

  1. Uso dunha metodoloxía de aprendizaxe baseada en retos cunha compoñente de compromiso social que pretende levar as accións do alumnado fóra das sesións propias da materia de EF e influír nos comportamentos e actitudes de todo o alumnado do centro educativo.
  2. Fomento da actividade física a través do xogo e a danza.
  3. Desenvolvemento de actitudes de recoñecemento, valoración e conservación de diferentes manifestacións da identidade cultural.
  4. Promoción do traballo colaborativo e o compromiso social.

Este REA trata contidos relacionados cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) :

ODS 3 (Saúde e benestar), ODS 4 (Educación de calidade), ODS 5 (Igualdade de xénero) e ODS 6 (Produción e consumo responsable).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta SA relacionase directamente coa unidade didáctica número 3 correspondente á programación modelo de 5º nivel de E. Primaria proposta para a área de Educación Física na plataforma PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • Saúde social:
    • Saúde social: Efectos sociais beneficiosos do estilo de vida activo.
    • Saúde social: Aceptación de distintas tipoloxías corporais para practicar, en igualdade, diversidade de actividades físico-deportivas.
    • Saúde social: Estereotipos corporais, de xénero e competencia motriz.
Bloque 1
  • Uso de ferramentas ou plataformas dixitais.
Bloque 2
  • Toma de decisións:
    • Selección de accións en función da contorna en situacións motrices individuais.
    • Adecuación de accións para o axuste espazo-temporal na interacción cos compañeiros en situacións cooperativas.
    • Selección de zonas de envío do móbil desde onde sexa difícil devolvelo, en situacións motrices de persecución e de interacción cun móbil.
    • Elección adecuada das habilidades motrices en situacións de oposición de contacto.
    • Desmarque e localización nun lugar desde o que constitúa un apoio para os demais en situacións motrices de colaboración-oposición de persecución e de interacción cun móbil.
  • Esquema corporal:
    • Estruturación espacial, percepción de obxectos e de distancias, orientación, percepción e interceptación de traxectorias, agrupamento-dispersión e transposición.
    • Estruturación temporal e espazo-temporal, percepción de duracións, de velocidade, de intervalos, de estruturas e de ritmo.
    • Capacidades condicionais: capacidades físicas básicas e resultantes (coordinación, equilibrio e axilidade).
    • Creatividade motriz: Identificación de estímulos internos ou externos que esixan un reaxuste instantáneo da acción motriz.
Bloque 3
  • Achegas da cultura motriz á herdanza cultural. Os deportes e os xogos tradicionais populares e autóctonos como sinal de identidade cultural.
  • Coñecemento e execución de bailes e danzas populares de Galicia, de España e do mundo.
    • Coñecemento e execución de bailes e danzas populares de Galicia.
    • Coñecemento e execución de bailes e danzas populares de España.

Bloque 5

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 2

Adaptar os elementos propios do esquema corporal, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e as destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións, para dar resposta ás demandas de proxectos motores e de prácticas motrices con distintas finalidades en contextos da vida diaria.

OBX 3

Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude empática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.

OBX 4

Recoñecer e practicar diferentes manifestacións lúdicas, físico-deportivas e artístico-expresivas propias da cultura motriz, valorando a súa influencia e as súas achegas estéticas e creativas á cultura tradicional e contemporánea, para integralas nas situacións motrices que se utilizan regularmente na vida cotiá.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL 1 e CCL 5

Competencia Plurilingüe (CP)

CP 3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM)

STEM 1 

Competencia dixital (CD)

CD 3

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA 1,  CPSAA 3, CPSAA 4 e CPSAA 5

Competencia cidadá (CC)

CC 2 e CC 3

Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC)

CCEC 1, CCEC 2, CCEC 3 e CCEC 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)