Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación

 Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica
(Proens)

% (Orientación de Proens)

CA1.6. Convivir mostrando no contexto das prácticas motrices habilidades sociais, diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade, xa sexa de xénero, afectivo-sexual, cultural, de orixe nacional, étnica, socioeconómica ou de competencia motriz, e mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos, ás actuacións discriminatorias e á violencia, con especial fincapé no fomento da igualdade de xénero.

Convivir mostrando no contexto das prácticas motrices habilidades sociais, diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade.

TI

3

10

CA2.5. Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, axustándoos ás demandas derivadas dos obxectivos motores e á lóxica interna de situacións individuais, de cooperación, de oposición e de colaboración oposición, en contextos reais ou en simulados de actuación, e reflexionando sobre as solucións obtidas.

Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas.

TI

3

10

CA3.2. Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, axustándoos ás demandas derivadas dos obxectivos motores e á lóxica interna de situacións individuais, de cooperación, de oposición e de colaboraciónoposición, en contextos reais ou en simulados de actuación.

Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas.

TI

3

10

CA3.3. Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa e facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices diversas transferibles ao seu espazo vivencial.

Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa.

TI

3

10

CA5.1. Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, definindo metas, secuenciando accións, introducindo se é preciso cambios durante o proceso, xerando producións motrices de calidade e valorando o grao de axuste ao proceso seguido e ao resultado obtido.

Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo xerando producións motrices de calidade.

TI

3

10

CA5.2. Participar en actividades de carácter motor, desde a autorregulación da súa actuación, con predisposición, esforzo, perseveranza e mentalidade de crecemento, actuando reflexivamente, xestionando as emocións e expresándoas de forma asertiva.

Participar en actividades de carácter motor, desde a autorregulación da súa actuación.

TI

3

10

CA5.3. Participar activamente en xogos motores e noutras manifestacións artístico-expresivas con arraigamento na cultura propia, tradicional ou actual, así como noutros procedentes de diversas culturas, recoñecendo e transmitindo o seu valor cultural e o seu potencial como espazo xerador de interaccións construtivas entre persoas con orixes diferentes e entendendo as vantaxes da súa conservación.

Participar activamente en xogos motores e noutras manifestacións artístico expresivas da cultura propia ou outras culturas, recoñecendo o seu valor como espazo xerador de interaccións.

TI

3

30

CA5.4. Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero ou capacidade e os comportamentos sexistas que ás veces suceden no seu contexto, rexeitándoos e adoptando actitudes que eviten a súa reprodución no futuro.

Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero e os comportamentos sexistas.

TI

3

10

Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación);  TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación

Actividades ou exercicios / Seccións do REA

Instrumentos empregados

CA1.6. Convivir mostrando no contexto das prácticas motrices habilidades sociais, diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade, xa sexa de xénero, afectivo-sexual, cultural, de orixe nacional, étnica, socioeconómica ou de competencia motriz, e mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos, ás actuacións discriminatorias e á violencia, con especial fincapé no fomento da igualdade de xénero.

Sesión de práctica motriz

Rúbrica de traballo individual

Rúbrica de traballo en equipo

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA2.5. Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, axustándoos ás demandas derivadas dos obxectivos motores e á lóxica interna de situacións individuais, de cooperación, de oposición e de colaboración oposición, en contextos reais ou en simulados de actuación, e reflexionando sobre as solucións obtidas.

Sesión de práctica motriz

Fase 3 (investigación)

Fase 4 (produtos dixitais)

Listas de control dos produtos dixitais

Rúbrica de traballo individual

Rúbrica de traballo en equipo

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA3.2. Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, axustándoos ás demandas derivadas dos obxectivos motores e á lóxica interna de situacións individuais, de cooperación, de oposición e de colaboración oposición, en contextos reais ou en simulados de actuación.

Sesión de práctica motriz

Rúbrica de traballo individual

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA3.3. Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa e facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices diversas transferibles ao seu espazo vivencial.

Sesión de práctica motriz

Rúbrica de traballo individual

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA5.1. Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, definindo metas, secuenciando accións, introducindo se é preciso cambios durante o proceso, xerando producións motrices de calidade e valorando o grao de axuste ao proceso seguido e ao resultado obtido.

Sesión de práctica motriz

Rúbrica de traballo individual

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA5.2. Participar en actividades de carácter motor, desde a autorregulación da súa actuación, con predisposición, esforzo, perseveranza e mentalidade de crecemento, actuando reflexivamente, xestionando as emocións e expresándoas de forma asertiva.

Sesión de práctica motriz

Rúbrica de traballo individual

Rúbrica de traballo en equipo

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA5.3. Participar activamente en xogos motores e noutras manifestacións artístico-expresivas con arraigamento na cultura propia, tradicional ou actual, así como noutros procedentes de diversas culturas, recoñecendo e transmitindo o seu valor cultural e o seu potencial como espazo xerador de interaccións construtivas entre persoas con orixes diferentes e entendendo as vantaxes da súa conservación.

Sesión de práctica motriz

Listas de control dos produtos dixitais

Rúbrica de traballo individual

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

CA5.4. Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero ou capacidade e os comportamentos sexistas que ás veces suceden no seu contexto, rexeitándoos e adoptando actitudes que eviten a súa reprodución no futuro.

Fase 2 - 3

Sesión de práctica motriz

Actividades individuais multinivel

Rúbrica de traballo individual

Rúbrica de traballo en equipo

Documento base para a elaboración de rúbricas docentes

Feito con eXeLearning (Nova xanela)