Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 10 sesións, nunha procura de equilibro entre as sesións na aula ordinaria para a presentación do REA, tarefas de  investigación e creación de produtos, e as que implican un compromiso motor por parte do alumnado. Nas sesións número 1 e 7 o alumnado traballará na aula ordinaria, ou calquera espazo do centro habilitado para o uso de equipos dixitais. A sesión definida como "Complementaria" será na que se realice a "festa do xogo" e participará todo o alumnado do centro.

Fase

Seccións

Descrición do traballo a desenvolver

Temporalización

  • FASE 1

1.1 Un problema

1.2 Unha solución

1.3 Dous pequenos retos

1.4 A planificación da festa

  • Sesión de presentación do reto principal e os dous mini-retos.
  • Sesión 1 (Aula ordinaria)
  • FASE 2

2.1 Unha morea de xogos

2.2 Abride os ollos

2.3 Actividades individuais

  • Realización dunha tarefa de grupo-clase sobre a pintura "Xogos de Nenos" de Brueghel.
  • Actividades individuais sobre os xogos e as danzas.
  • Reflexión sobre os xogos que coñece o alumnado.
  • Sesión 1 (Aula ordinaria)
  • FASE 3

3.1 Formamos equipos

3.2 Os xogos

3.3 Escollemos os xogos

3.5 Xogos de sempre

3.6 Deportes autóctonos

3.7 Danzas tradicionais

3.8 Actividades individuais

  • Revisar os contidos do REA nesta fase. (Sesión 1).
  • Realizar actividades individuais. (Sesión 1).
  • Formar equipos e repartir categorías de xogos.
  • Practicar os xogos seleccionados.
  • Investigar sobre xogos.
  • Practicar as danzas seleccionadas.
  • Sesión 1 (Aula ordinaria)
  • Sesión 2
  • Sesión 3
  • Sesión 4
  • Sesión 5
  • Sesión 6
  • FASE 4

4.1 Organización

4.2 Creamos

4.3 Somos responsables

  • Revisar os contidos do REA nesta fase. (Sesión 7).
  • Crear un produto para a festa.  (Sesión 7).
  • Preparar os espazos para a festa.
  • Ensaiar as funcións das monitoras e monitores.
  • Organizar a festa do xogo.
  • Realizar as exhibicións de bailes.
  • Sesión 7 (Aula ordinaria)
  • Sesión 8
  • Sesión 9
  • Actividade complementaria (A festa do xogo)
  • FASE 5

5.1 O traballo en equipo

5.2 Valoro o meu traballo

  • Analizar os resultados.
  • Valorar as achegas individuais.
  • Valorar o traballo en equipo.
  • Recoller propostas de mellora.
  • Sesión 10

Feito con eXeLearning (Nova xanela)