Saltar navegación

3. Guía de uso

Una parada antes de empezar

O REA "Ocho apelli2 gallegos" ten como finalidade mostrar os conceptos básicos da estatística descriptiva de xeito que o alumnado adquira novo vocabulario matemático, aprenda a elaborar conxecturas e poida analizar e interpretar datos para tomar decisións críticas a partir da información estatística recollida en medios oficiais.

Neste proceso aprenderá a promover actitudes vinculadas ao traballo en equipo, a inclusión, o respecto e a diversidade.

Os diferentes bloques deste REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), presentando a información en distintos formatos tentando chegar ao maior número de realidades individuais do estudantado.

As actividades propostas neste recurso parten da necesidade de facer un estudo sociodemográfico dos apelidos galegos para propor unha personaxe para rodar unha película. A través destas, o alumnado irá facendo un estudo estatístico co fin de coñecer as características da súa contorna, tendo finalmente que mostrar as súas conclusións sobre cal é o prototipo de personaxe que  estatísticamente máis representa á nosa comunidade.

Así, investigarán no só o apelido, senón tamén as características físicas: cor de pelo, idade, altura..., as características sociodemográficas (solteiro, casado, con irmás ou irmáns, con ou sen fillos, situación laboral, tipo de vivenda na que reside...) ou calquera outra variable que o alumnado considere relevante para dar co protagonista da película.

O profesorado que desexe utilizar este recurso na aula terá a posibilidade de realizar unha situación de aprendizaxe cun novo enfoque educativo que mestura actividades de lápiz e papel, actividades de investigación ou actividades que permiten un primeiro contacto coas follas de cálculo, á vez que se mostra á importancia da estatística na sociedade para proxectos como, por exemplo, facer unha película.

 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)