Ocho apelli2 gallegos
Este REA (Recurso Educativo Aberto) está deseñado para introducir ao alumnado no mundo da Estatística, que se enmarca no currículo de 1º de ESO dentro do sentido estocástico. Ademais promove o desenvolvemento de destrezas persoais e socioafectivas vinculadas ao bloque do sentido socioafectivo.
Na situación de aprendizaxe desenvolvida, o alumnado terá que analizar e interpretar os datos reais da comunidade autónoma de Galicia para coñecer o patrimonio lingüístico galego relacionado cos apelidos en cada localidade.
Deste xeito, o alumnado achegarase á realización dun estudo estatístico utilizando ferramentas tecnolóxicas para tabular datos, facer representacións gráficas e calcular os parámetros máis importantes, tras o que deberá analizará os datos recollidos e comunicar os seus resultados.
Para este fin, este REA incluirá vídeos guía para o uso do programa LibreOffice - Calc, xunto con outros xogos e retos que se proporán ao longo da situación de aprendizaxe co obxectivo de alcanzar as metas de aprendizaxe propostas na materia.
As metas da aprendizaxe son:
- Analizar e interpretar datos.
- Elaborar conxeturas e tomar decisións a partir da información estatística e a súa valoración crítica.
- Comprender e comunicar fenómenos aleatorios en situacións variadas.
- Integrar coñecementos, destrezas e actitudes para entender e manexar as emocións.
- Establecer e alcanzar metas de xeito individual e en grupo.
- Aumentar a capacidade de tomar decisións responsables e informadas.