Orientaciones y recomendaciones de uso
Algunhas recomendaciósn para o uso deste recurso de aula son:
Recursos materiais necesarios
Neste REA inclúense distintos recursos que serven de apoio para alumnado e profesorado:
- Material descargable da unidade. (Resumo de contidos).
- Diario de aprendizaxe. (Ferramenta de reflexión individual e grupal).
- Fichas para o traballo en grupo. (Instrucións e rúbricas para as tarefas grupais).
- Solucionarios de actividades.
Selección do software:
Este REA está deseñado para realizarse con software libre e gratuíto que habitualmente atópase instalado por defecto no Sistema Operativo Abalar.
- Folla de cálculo: Libre Office Calc
- Documentos de texto: Libre Office Writer
- Edición e montaxe de vídeo: Kdenlinve
Tamén se poden descargar a través da súa páxina oficial:
- Libre Office: https://es.libreoffice.org/descarga/libreoffice/
- Kdenlive: https://kdenlive.org/
Outras ferramentas tecnolóxicas:
É aconsellable que o alumnado utilice unha calculadora dixital non programable para realizaren os cálculos dos exercicios.
É preciso contar con conexión á rede para a busca de información, visualización de vídeos e para desenvolver actividades co software matemático GeoGebra, tamén é necesaria para poder ver correctamente as expresións matemáticas que estean escritas en latex.
Recomendacións sobre os agrupamentos para o traballo en grupo
- Os grupos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal
- Os grupos deben ser de 3 ou 4 membros (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se quera reforzar en actitude, pero sempre é mellor grupos pequenos)
- Preferiblemente grupos heteroxéneos, aunque puntualmente para algunha actividade fáganse grupos homoxéneos.
- Para facer os grupos:
- Faise un listado do alumnado poñendo por orde con algunhas características (rendimento, habilidades sociais,...).
- Para facer o primeiro grupo cóllense desa lista o primeiro, o último e os dous do medio. Ríscanse eses catro estudantes da listaxe.
- Repítese este proceso coa nova lista e se segue así ata que estén todos os grupos formados.
- NOTA: Se ao seguir este procedemento quedan dúas persoas xuntas que son íntimas ou que se levan moi mal ou calquera outra característica que non se considera conveniente, altérase o procedemento de selección escollendo o seguinte en vez do que tocaría.
Este procedemento pódese facer para unha actividade concreta e organizar, por exemplo, respecto a capacidade de cálculo; ou facer os grupos coa idea de que duren máis no tempo e tendo en conta varias características.
A avaliación
Os instrumentos de avaliación propostos neste REA teñen carácter formativo. Déixase á elección do profesorado a realización de probas escritas (non incluídas neste REA) ou o uso doutros instrumentos para obter a cualificación do alumando.
Produtos finais
O produto final consiste na elaboración por parte do alumnado dun guion dun vídeo cun personaxe coas características da zona onde vive o alumnado.
Logo se intercambiarán os guións entre os distintos grupos para que entre toda a clase elixan as mellores ideas e elaboren un guion conxunto do xeito máis creativo posible.
Se é posible elaborarase un vídeo cos guións individuais ou co guion conxunto.
Enfoque multinivel do reto
O carácter aberto do produto final permitirá que o alumnado participe activamente, podendo empregar distintas temáticas e materiais para a súa elaboración, e diversos medios para a posterior presentación e difusión (seguindo os principios DUA).
Protección de datos
A gravación do vídeo ten como base lexitimadora a función educativa e orientadora, polo que non é preciso pedir o consentimento do alumnado para a toma das súas imaxes e visualización dentro da aula.
No caso que se queiran difundir estes vídeos en plataformas de Internet de acceso ilimitado (páxina web do centro, blogues, redes sociais etc), subir a sitios de almacenamento de vídeos (YouTube, Vimeo) ou almacenar en servidores fóra dos autorizados pola Consellería (Google Drive, Dropbox etc) si que será necesario pedir o consentimento do alumnado sempre e cando no vídeo apareza algún dato persoal, entendendo como este a súa imaxe, a súa voz, nome, apelidos ou calquera outro rasgo distintivo.
Por outra banda, a LOPD tamén indica que non se pode penalizar ou apartar dunha actividada a ningún alumno ou alumna que non dea o seu consentimento para o tratamento de datos que se realicen fóra da función educativa e orientadora.