En relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia "Matemáticas" de 1º de ESO, este REA contextualízase na unidade didáctica "Estatística" que engloba o bloque 5. Sentido estocástico na súa totalidade, así como na unidade "Matemáticas para a vida en sociedade" que desenvolve o bloque 6. Sentido socioafectivo.
|
Contidos
|
Bloque da materia |
- C5.1 - Organización e análise de datos.
- C5.1.1 - Concepto de poboación, mostra e individuo. Variables cualitativas e cuantitativas.
- C5.1.2 - Recollida, organización e tratamento de datos de variables unidimensionais. Frecuencias.
- C5.1.3 - Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables cualitativas e cuantitativas en contextos da vida real.
- C5.1.4 - Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas a cada caso para visualizar como se distribúen os datos, interpretalos e obter conclusións razoadas. Uso de procedementos manuais e tecnolóxicos (calculadora, folla de cálculo, programas informáticos...)
- C5.1.5 - Medidas de centralización: interpretación e cálculo.
- C5.1.6 - Uso da calculadora e outras ferramentas tecnolóxicas para o cálculo analítico das medidas de centralización, así como a súa interpretación en situacións da vida real.
|
Bloque 5
Sentido estocástico
|
- C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
- C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe, como a autoconciencia e a autorregulación.
- C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
- C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
- C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
|
Bloque 6
Sentido socioafectivo
|
Así, este recurso trata específicamente os seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX 3 |
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos. |
| OBX 4 |
Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz. |
| OBX 6 |
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas. |
| OBX 7 |
Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos. |
| OBX 8 |
Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas. |
| OBX 9 |
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas. |
| OBX 10 |
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables. |
A continuación inclúense os descriptores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencia clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP1, CP3 |
| Competencia matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD5 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC2, CC3, CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE2, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión cultural (CCEC) |
CCEC1, CCEC3, CCEC4 |