Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Algunhas recomendacións para o uso deste recurso na aula son:

Recursos materiais necesarios

Neste REA inclúense distintos recursos que serven de apoio para alumnado e profesorado:

  • Material descargable da unidade. (Resumo de contidos).
  • Diario de aprendizaxe. (Ferramenta de reflexión individual e grupal).
  • Fichas para o traballo en grupo. (Instrucións e rúbricas para as tarefas grupais).
  • Solucionarios de actividades.

As actividades están deseñadas para realizarse con software libre e gratuíto que habitualmente atópase instalado por defecto no Sistema Operativo Abalar.

  • Folla de cálculo: Libre Office Calc
  • Geogebra

Tamén se poden descargar a través da súa páxina oficial:

Libre Office: https://es.libreoffice.org/descarga/libreoffice/
Geogebra: https://www.geogebra.org/download?lang=es

É aconsellable que o alumnado utilice unha calculadora dixital para comprobar os cálculos dos exercicios.

É preciso contar con conexión á rede para a busca de información, visualización de vídeos e para desenvolver actividades co software matemático GeoGebra, tamén é necesaria para poder ver correctamente as expresións matemáticas que estean escritas en latex.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

  • Os grupos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal
  • Os grupos deben ser de 3 ou 4 membros (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se quera reforzar en actitude, pero sempre é mellor grupos pequenos)
  • Preferiblemente grupos heteroxéneos, aunque puntualmente para algunha actividade se fagan grupos homoxéneos.
  • Para facer os grupos:
    1. Faise un listado do alumnado poñendo por orde segundo algunhas características (rendimento, habilidades sociais,...).
    2. Para facer o primeiro grupo cóllense desa lista o primeiro, o último e os dous do medio. Ríscanse eses catro estudantes da listaxe.
    3. Repítese este proceso coa nova lista e séguse así ata que estean todos os grupos formados.
    4. NOTA: Se ao seguir este procedemento quedan dúas persoas xuntas que son íntimas ou que se levan moi mal ou calquera outra característica que non se considera conveniente, altérase o procedemento de selección escollendo o seguinte en vez do que tocaría.

Este procedemento pódese facer para unha actividade concreta e organizar, por exemplo, respecto a capacidade de cálculo; ou facer os grupos coa idea de que duren máis no tempo e tendo en conta varias características.

A avaliación

Os instrumentos de avaliación propostos neste REA teñen carácter formativo. Déixase á elección do profesorado a realización de probas escritas (non incluídas neste REA) ou o uso doutros instrumentos para obter a cualificación do alumnado.

Produtos finais

O produto final consiste na elaboración por parte do alumnado dunha busca do tesoro no instituto, porén é recomendable dotar ao alumnado do plano dalgunha parte do instituto para que poida traballar sobre el.

Enfoque multinivel do reto

O carácter aberto do produto final permitirá que o alumnado participe activamente, podendo empregar distintas temáticas e materiais para a súa elaboración, e diversos medios para a posterior presentación e difusión (seguindo os principios DUA).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)