En relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia "Matemáticas" de 1º de ESO, este REA contextualízase nas unidades didácticas "Proporcionalidade", "Funcións. Táboas e gráficas" e "Matemáticas para a vida en sociedade"; que traballan conxuntamente o bloque 1. Sentido numérico, o bloque 3. Sentido espacial, o bloque 4. Sentido alxébrico e o bloque 6. Sentido socioafectivo.
| Contidos |
Bloque da materia |
- C1.1 - Cálculo.
- C1.1.1 - Utilización do cálculo para resolver problemas da vida cotiá adaptando a estratexia e o tipo de cálculo ao tamaño dos números.
- C1.5 - Razoamento proporcional.
- C1.5.1 - Comprensión e representación de razóns e proporcións en relacións cuantitativas.
- C1.5.2 - Recoñecemento de magnitudes directamente proporcionais. Cálculo e significado da constante de proporcionalidade directa.
- C1.5.3 - Comprensión e utilización de porcentaxes na resolución de problemas.
|
Bloque 1
Sentido numérico
|
- C3.2 - Localización e sistemas de representación.
- C3.2.1 - Localización e descrición de relacións espaciais: coordenadas cartesianas e outros sistemas de representación. Uso de ferramentas tecnolóxicas.
|
Bloque 3
Sentido espacial
|
- C4.1 - Modelo matemático.
- C4.1.2 - Uso de modelos matemáticos para representar e comprender situacións da vida cotiá.
- C4.1.3 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.
- C4.2 - Variable.
- C4.2.1 - Comprensión do concepto de variable. Variable dependente e independente.
- C4.3 - Igualdade e desigualdade.
- C4.3.1 - Uso da álxebra simbólica para representar relacións lineais en situacións da vida cotiá.
- C4.3.2 - Identificación e aplicación da equivalencia de expresións alxébricas na resolución de problemas baseados en relacións lineais.
- C4.4 - Relacións e funcións.
- C4.4.1 - Aplicación e comparación das diferentes formas de representación dunha relación lineal. Coordenadas cartesianas.
- C4.4.2 - Identificación de funcións, lineais ou non lineais e comparación das súas propiedades a partir de táboas, gráficas ou expresións alxébricas.
- C4.4.3 - Modelización das relacións lineais en distintas situacións da vida real.
- C4.4.4 - Representación da recta a partir da súa ecuación en problemas contextualizados.
- C4.4.5 - Uso da álxebra simbólica para a representación e a explicación de relacións matemáticas.
- C4.4.6 - Dedución da información relevante dunha función mediante o uso de diferentes representacións simbólicas.
- C4.5 - Pensamento computacional.
- C4.5.1 - Xeneralización e transferencia de procesos de resolución de problemas a outras situacións.
- C4.5.2 - Identificación de estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos.
- C4.5.3 - Uso de calculadoras gráficas e software específico para a construción e interpretación de gráficas.
|
Bloque 4
Sentido alxébrico
|
- C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
- C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe, como a autoconciencia e a autorregulación.
- C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
- C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
- C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento
humano desde unha perspectiva de xénero.
|
Bloque 6
Sentido socioafectivo
|
Así, este recurso trata específicamente os seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX1 |
Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións. |
| OBX2 |
Analizar as solucións dun problema usando diferentes técnicas e ferramentas e avaliando as respostas obtidas para verificar a súa validez e idoneidade desde un punto de vista matemático e a súa repercusión global. |
| OBX4 |
Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz. |
| OBX5 |
Recoñecer e utilizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos interconectando conceptos e procedementos para desenvolver unha visión das matemáticas como un todo integrado. |
| OBX6 |
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas. |
| OBX8 |
Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas. |
| OBX 9 |
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas. |
| OBX 10 |
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables. |
A continuación inclúense os descriptores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP1, CP3 |
| Competencia matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD5 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC2, CC3, CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE2, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión cultural (CCEC) |
CCEC1, CCEC3, CCEC4 |