Saltar navegación

1. Descrición xeral

Catro vellos mariñeiros

Este REA (Recurso Educativo Aberto) está deseñado para relacionar os conceptos desenvolvidos previamente no sentido numérico (a través do concepto de proporción e razón xunto co cálculo de porcentaxes) relacionar este sentido co sentido alxébrico a través das funcións lineais e co sentido xeométrico mediante a representación no plano cartesiano. Ademais promove o desenvolvemento de destrezas persoais e socioafectivas vinculadas ao bloque do sentido socioafectivo.

Na situación de aprendizaxe desenvolvida, o alumnado terá que seguir a historia de Mariña, que atopa un mapa do tesouro e vai na súa procura resolvendo distintos retos e adiviñas matemáticas.

As metas da aprendizaxe son:

  1. Desenvolver habilidades e modos de pensar baseados na comprensión.
  2. Comprender os aspectos xeométricos do mundo.
  3. Recoñecer patróns de dependencia entre variables.
  4. Expresar variables mediante diferentes representacións.
  5. Modelizar situacións matemáticas ou do mundo real mediante expresións simbólicas.
  6. Representar e resolver problemas a través de ferramentas informáticas.
  7. Integrar coñecementos, destrezas e actitudes para entender e manexar as emocións.
  8. Establecer e alcanzar metas de xeito individual e en grupo.
  9. Aumentar a capacidade de tomar decisións responsables e informadas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)