Saltar la navegación

3. Guía de uso

Antes de celebrar a festa do patrón

O REA "Fiesta del Patrón" ten como finalidade entender e aplicar os conceptos básicos de álxebra, sen esquecer o sentido socioafectivo. O obxectivo é preparar ao alumnado para aplicar eses coñecementos matemáticos a situacións da vida cotiá, facendo que traballe dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada co seu entorno.

Os diferentes bloques deste REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), presentando a información en distintos formatos tentando chegar ao maior número de realidades individuais do estudantado.

Co gallo dunhas festas patronais, o alumnado paseará por distintas casetas de feira, onde paulatinamente irá fortalecendo o seu pensamento alxébrico (por exemplo, coa procura de patróns), o rigor no emprego da linguaxe alxébrica, a formulación e resolución de ecuacións de primeiro grao e problemas da vida cotiá. Todas as actividades propostas teñen un carácter lúdico e están ambientadas nun contexto moi próximo ao alumnado.

A pretensión é brindarlle ao profesorado un recurso de aula cun novo enfoque educativo, achegando as matemáticas dun xeito lúdico e transformando a aprendizaxe nunha experiencia motivadora para o alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)