Saltar la navegación

1. Descrición xeral

Fiesta del Patrón

Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal a introdución á álxebra empregando como elemento motivador as casetas dunhas festas patronais. No proceso se traballan contidos vinculados ao sentido socioafectivo, fomentando o control das emocións e o traballo en equipo.

Na situación de aprendizaxe formularáselle ao alumnado o reto de montar unha das casetas, con actividades, xogos e trucos similares aos explicados ao longo do REA.

As metas de aprendizaxe deste REA son:

- Identificar patróns e regularidades.

- Expresar relacións utilizando a linguaxe alxébrica.

- Calcular o valor numérico de expresións alxébricas.

- Facer operacións con expresións alxébricas.

- Diferenciar ecuacións e identidades.

- Transformar e resolver ecuacións de primeiro grao.

- Aplicar o rigor matemático aos razoamentos propios.

- Resolver problemas alxébricos contextualizados.

- Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións e asumindo erros.

- Desenvolver destrezas sociais participando activa e reflexivamente en tarefas grupais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)