Saltar la navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Matemáticas" de 1º de ESO onde se traballa o sentido alxébrico e o sentido socioafectivo,  tratando en concreto os seguintes aspectos:

  • Proporcionar a linguaxe na que se comunican as matemáticas.
  • Recoñecer patróns e relacións de dependencia entre variables, expresándoas mediante diferentes representacións.
  • Modelizar situacións matemáticas ou do mundo real mediante expresións simbólicas desenvolvendo o pensamento computacional.
  • Fomento do traballo en equipo e individual.
  • Integración de coñecementos, destrezas e actitudes para entender e manexar as emocións.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 1º de ESO, contextualízase na unidade didáctica de "Álxebra e ecuacións". Ademais trata de maneira transversal a unidade "Matemáticas en sociedade"

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 4. Sentido alxébrico e 6. Sentido sociafectivo.

Contidos Bloque da materia
  • C4.1 - Modelo matemático.
    • C4.1.1 - Tradución de expresións da linguaxe cotiá que representan situacións reais á linguaxe alxébrica, e viceversa. Cálculo do valor numérico dunha expresión alxébrica.
    • C4.1.2 - Uso de modelos matemáticos para representar e comprender situacións da vida cotiá.
    • C4.1.3 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.
  • C4.2 - Variable.
    • C4.2.1 - Comprensión do concepto de variable. Variable dependente e independente.
  • C4.3 - Igualdade e desigualdade.
    • C4.3.1 - Uso da álxebra simbólica para representar relacións lineais en situacións da vida cotiá.
    • C4.3.2 - Identificación e aplicación da equivalencia de expresións alxébricas na resolución de problemas baseados en relacións lineais.
    • C4.3.3 - Procura de solucións de ecuacións lineais. Contextualización das devanditas solucións.
    • C4.3.4 - Uso da tecnoloxía para comprobar as solucións dunha ecuación.
  • C4.5 - Pensamento computacional.
    • C4.5.1 - Xeneralización e transferencia de procesos de resolución de problemas a outras situacións.
    • C4.5.2 - Identificación de estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos.
Bloque 4
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • 6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
Bloque 6

Obxectivos da materia traballados específicamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX2
Analizar as solucións dun problema usando diferentes técnicas e ferramentas e avaliando as respostas obtidas para verificar a súa validez e idoneidade desde un punto de vista matemático e a súa repercusión global.
OBX3
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos.
OBX4 Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz.
OBX6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX8 Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas.
OBX9 Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX10 Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)