Temporalización do REA
Este REA deseñouse para desenvolver en 12 sesións (11 de Álxebra e ecuacións, e 1 de Matemáticas en sociedade). A proposta é que se imparta ao inicio do segundo trimestre, a continuación do REA sobre números enteiros.
Estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. La carta del patronato (Descrición) |
1.1 Antes de comenzar, párate y piensa | Sesión inicial onde se formula o reto final, se plantexan os obxectivos do REA e se traballa co vocabulario referido a festas patronais. | 1 sesión |
|
2. Entrenando nuestras habilidades (Exploración) |
Sesión dedicada a recordar os coñecementos previos necesarios para afrontar este REA: Actividades para traballar a propiedade distributiva, e as operacións que deixan invariante unha igualdade. | 1 sesión | |
|
3. Las casetas de la fiesta (Conexión) |
3.1 Adivinación | Actividades que estimulan o pensamento alxébrico mediante a procura de patróns e o traballo de xeneralización. | 1 sesión |
| 3.2 Magia | Actividades que relacionan a linguaxe alxébrica e natural e introducen a simplificación de expresións alxébricas. Actividades para distinguir entre identidade e ecuación. | 1 sesión | |
| 3.3 Tienda | Actividades para introducir o concepto de valor numérico dunha expresión alxébrica e o de solución dunha ecuación. | 1 sesión | |
| 3.4 Tómbola | Actividades para crear e operar con expresións alxébricas, así como propostas para transformar ecuacións noutras equivalentes. | 1 sesión | |
| 3.5 Juegos | Actividades de consolidación para traballar conceptos relacionados co paso da linguaxe verbal á linguaxe alxébrica e a resolución de ecuacións. | 1 sesión | |
| 3.6 Información | Aplicación dos coñecementos adquiridos á resolución de problemas diversos. | 1 sesión | |
|
4. Nuestra propia caseta (Reto final) |
O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora neste recurso educativo para a resolución do reto proposto na fase 1. | 3 sesións | |
|
5. Conclusión (Conclusión) |
Sesión dirixida a sacar conclusións, autoavaliarse e estruturar todo o aprendido. | 1 sesión |