Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
No apartado "3.2. Recursos e solucións do REA" desta guía atópase un compendio de documentación relevante para o profesorado, cuxo obxectivo é facilitar o desenvolvemento do REA na aula. Neste inclúese:
- Material descargable da unidade.
- Solucionarios de actividades.
- Rúbricas de avaliación.
É preciso contar con conexión á rede para a busca de información, visualización de vídeos e para desenvolver actividades co software matemático GeoGebra, tamén é necesaria para poder ver correctamente as expresións matemáticas que estean escritas en latex.
Con respecto aos recursos materiais necesarios para o alumnado debemos ter en conta o seguinte:
- As actividades (individuais e grupais) que se presentan son diversas, algunhas están pensadas para realizarse en formato dixital e outras en formato papel.
- No REA do alumnado, están dispoñibles:
- Un diario de aprendizaxe dixital en formato editable.
- O testamento ológrafo e a listaxe de bens.
- Os arquivos para a xeración da ruleta que axudará a resolver o 2º misterio do REA (atópanse en formato .pdf e formato .svg)
- Material descargable, onde se atopa:
- Un resumo dos contidos tratados no REA.
- Un resumo dos contidos tratados no REA.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Nas actividades grupais preténdese que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa, intentando favorecer a súa autonomía persoal. Por esta razón, estas actividades van acompañadas dunha ficha adaptada para garantir que o traballo grupal se desenvolve correctamente. Ademais, facilítase ao profesorado unha guía para a formación de grupos que favoreza a implementación deste REA na aula:
Unha plantilla de axuda para a formación de grupos baseada na presentada no REA ao alumnado.
Avaliación
Como instrumentos de avaliación Apórtanse rúbricas para avaliar o traballo individual e en equipo
O REA dispón de listas de cotexo que centran a atención respecto ao obxectivo que ten cada unha das actividades propostas.
Non se inclúen nel as probas escritas recomendadas dentro da programación didáctica que figura no aplicativo PROENS.
Produto final
O produto final do REA "Unidad Central de Operaciones (UCO)" consiste na elaboración dun break out educativo por grupo. Este break out debe estar baseado nunha historia, un relato de misterio, na que se presenten diferentes enigmas de fraccións e decimais que nos leven a unha solución final (ben sexa a resolución dun caso, un descubrimento, ..., a imaxinación aquí é importante!).
Os break outs creados serán logo intercambiados entre os diferentes agrupamentos para a súa posterior resolución.
Enfoque multinivel do reto
O carácter aberto deste produto final permitirá que o alumnado participe activamente, podendo empregar distintas temáticas e diversos medios para a súa elaboración e expresión (seguindo os principios DUA).