Unidad Central Operativa (UCO)
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal a aprendizaxe das operacións con fraccións e números decimais respectando a xerarquía de operacións, así como de problemas contextualizados nos que se empregan estes números. Ademais promove o desenvolvemento de destrezas persoais e socioafectivas vinculadas ao bloque do sentido socioafectivo.
Na situación de aprendizaxe formularáselle ao alumnado unha serie de retos baseados nunha trama novelesca de intento de asasinato por mor dunha herdanza. Como reto final, terá que elaborar unha historia similñar onde entren en xogo as fraccións e os números decimais para a resolución dun caso planeado por eles.
As metas de aprendizaxe deste REA son:
- Aplicar os coñecementos sobre fraccións e decimais para resolver problemas da vida cotiá.
- Entender textos formais como testamentos e listaxes de bens.
- Aplicar o rigor matemático aos razoamentos propios.
- Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións e asumindo erros.
- Desenvolver destrezas sociais participando activa e reflexivamente en tarefas grupais.