Antes de comezar a andaina da UCO
O REA "Unidad Central de Operaciones (UCO)" ten coma finalidade entender e aplicar os conceptos de fracción e de número decimal sen esquecer o sentido socioafectivo. O obxectivo é preparar ao alumnado para aplicar eses coñecementos matemáticos a situacións da vida cotiá, facendo que o alumnado traballe dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada co seu entorno.
Os diferentes bloques deste REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), presentando a información en distintos formatos tentando chegar ao maior número de realidades individuais do estudantado.
A través dunha historia de misterio acerca dunha herdanza levamos ao alumnado a coñecer e a comprender as fraccións e os números decimais, para que logo poida aplicar eses coñecementos na resolución de problemas e enigmas que se lle van presentando ao longo de todo o REA.
Ao rematar, o alumnado será quen de construír un pequeno relato no que se presenten alo menos dous enigmas a resolver relacionados coas fraccións e cos números decimais.
A pretensión é brindarlle ao profesorado un recurso de aula cun novo enfoque educativo, achegando as matemáticas dun xeito lúdico e transformando a aprendizaxe nunha experiencia motivadora para o alumnado.