¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula
Durante o desenvolvemento e posta en práctica do REA "¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula", o alumnado de 1º de ESO aprenderá a programar microntroladores de xeito que automaticen procesos sinxelos da súa contorna, traballando dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada coa súa aula.
Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda o funcionamento dun sistema de control sinxelo e que logo sexa capaz de utilizar eses coñecementos para facer todo o proceso de creación dun sistema automatizado dunha variable física da súa aula. Non hai que esquecer que estamos incidindo nos beneficios enerxéticos que xera esta tecnoloxía ben aplicada e reutilizando materiais para a creación das súas maquetas, co que alumnado verá como estamos en liña cos obxectivos de desenvolvento sostible (ODS).
Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA. Así, presentan diferentes posibilidades de resolución dos problemas, proporcionan información en diferentes formatos e permiten tamén diversidade de modos de expresión do que o alumnado aprendeu.
Pretendemos que o profesorado, que queira utilizar este recurso na aula, teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe da tecnoloxía do seu alumnado.