Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Algunhas recomendacións para o uso deste recurso na  aula son:

Selección de placa controladora

Este REA está deseñado para poder realizarse de modo análogo con dúas placas microcontroladoras Mbot Auriga (placa do Mbot Ranger) e Micro:bit.

En condicións normais na aula só se empregará unha delas, polo que indicamos que páxinas se poden borrar do REA:

  • No caso de utilizar Mbot Auriga (placa do Mbot Ranger), pódense borrar as páxinas da sección 4 (Microbit:>> "Trabajando con Microbit").Imagen del proceso de borrado de la placa MicrobitNo caso de utilizar Microbit, pódense borrar as páxinas da sección 4 (Auriga: >>"Trabajando con Mbot Auriga").

Imagen de la selección de los contenidos de microbitde

Agrupamentos

Neste REA propóñense actividades individuais e grupais, considerando as seguintes premisas:

  • Recoméndase a creación de grupos de 3-5 alumnos/as, de xeito que elixan, ou se lles asigne polo profesorado un dos retos propostos. Logo terán que expoñer o seu resultado ao resto de compañeiras/os e opcionalmente (se hai tempo suficiente) xuntar os retos, de xeito que a aula estea controlada totalmente polos distintos sistemas creados.
  • O groso do traballo realízase en actividades grupais onde se pretende que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto, preténdese que aprendan a coordinarse na realización de tarefas e aumenten a súa autonomía persoal. Búscase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo a “democracia de grupo”. Para iso, recoméndase ao profesorado que implemente este REA na súa aula considerando as seguintes pautas:

- Organiza ao teu alumnado  en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos nos que cada un pon o seu gran de area, dende os máis proactivos, líderes, organizativos aos máis pasivos, non colaborativos, etc.
- Asigna a cada alumno/a unha función no grupo na que amose as súas capacidades.
- Crea un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.

  •  Tamén existen actividades individuais (multinivel) que procuran adaptarse a diferentes estilos ou ritmos de aprendizaxe.

Desenvolvemento da Competencia dixital

Todas as actividades deste REA están pensadas para realizarse en formato dixital, aínda que hai a posibilidade de realizar algunhas de xeito tradicional en papel. O alumnado ten un diario de aprendizaxe dixital, no que vai reflexionando sobre as súas aprendizaxes ao longo de todo o proceso do REA. Cumprir co reto final implica o desenvolvemento da capacidade do alumnado para empregar de ferramentas dixitais de diferente natureza: de deseño 3D, de programación, de técnicas de construción, de seguridade e hixiene no traballo, de edición dixital, etc.

Produto final

O produto final do REA consiste na resolución dun dos retos propostos (3 opcións), que ten como resultado a automatización dunha variable física da aula que afecta ao benestar (ruido, luz ou temperatura), utilizando unha placa microcontroladora. 

Enfoque multinivel

Permiteselle ao alumnado escoller a variable a automatizar, e incluso, ábreselle a posibilidade de que pense nunha variable diferente das expostas e idee un sistema de control para a mesma.

Contémplase a solución do reto mediante o uso de dúas placas controladoras que poden ter os centros educativos da Consellería de Educación de Galicia (Mblock Auriga e Micro:bit). Así, pretendemos aumentar o número de docentes que podan contar co material preciso con facilidade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)