¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula
Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir aos estudantes na automatización e robótica. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que automatizar algunha variable física na maqueta da súa aula, de xeito que se mellore o benestar das persoas usuarias desta e/ou se consiga algún aforro enerxético. Este REA presenta a particularidade de poder facer as actividades con dúas placas robóticas que poden estar dispoñibles nos centros educativos (placa Mbot Auriga do robot Mbot Ranger e a placa Microbit).

No REA, o alumnado estudrá as placas coas que se vai traballar, coñecendo os diferentes elementos que as compoñen e os principios de funcionamento das mesmas. Faise especial fincapé en mostrar o proceso de control facendo unha analoxía co proceso biolóxico de relación, mostrando os sensores, actuadores e o papel do microcontrolador como o "cerebro" da placa e na función de entrada-procesamento-saída.
Tamén se continúa o labor iniciado en unidades anteriores de amosar aos estudantes a contorna de programación e as súas funcionalidades. Continúase programando por bloques e coñecendo a automatización, buscando a asimilación da aprendizaxe en forma de produto final que cumpra uns requirimentos previos (RETOS).
As metas de aprendizaxe son:
- Coñecer o que é un sistema de control e como funciona: robótica e domótica.
- Identificar e clasificar os compoñentes que teñen as placas controladoras: Entradas-Procesamento-Saídas.
- Coñecer a importancia dos microcontroladores na sociedade actual.
- Comprender o que é un robot e como interactúa coa súa contorna: os sensores e os actuadores nun sistema de control.
- Programar un sistema automático sinxelo.