Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

A unidade que desenvolve este REA está pensada para realizar en 14 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 1º de ESO,  englóbase no terceiro trimestre, como unidade final.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. ¡Un aula en apuros! (Mobilizar)

1.1. ¿Podéis tomar el control?

1.2. ¡Todo bajo control!

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Introdución á automatización.

1 sesión

2. ¿Qué sabemos? (Activar e recordar)

2. ¿Qué sabemos?

Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias

2 sesións

3. ¡Conexión! (Explorar, revisar e estruturar)

3.1. Detectando y actuando.

3.2. La encargada del control: La placa y el microcontrolador.

3.3. Hablando con la placa: programación básica.

3.4. Procesando la información.

Sesións con actividades informativas e interactivas sobre os elementos dos sistemas de control automáticos. Están deseñadas para crear  interese no alumnado dende a perspectiva do “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe unha sesión con actividades interactivas multinivel e opcións. Están deseñadas para a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento, por medio da exploración das sesións anteriores.

3 sesións

4. Reto final (Aplicar e comprobar)

4.1. Memoria técnica: vuestra guía de trabajo.

4.2. Trabajando con Mbot Auriga.

4.3. Trabajando con Micro:bit.

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que son actividades de programación/ automatización/construción con  novos contextos de aprendizaxe.

7 sesións

5. Conclusión y análisis (Concluír e comunicar)

5. Conclusión y análisis.

Sesións vinculadas á síntese dos resultados obtidos nos retos da fase 5. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos compañeiros/as.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)