Saltar navegación

3. Guía de uso

La magia de la electricidad

O REA "La magia de la electricidad" está deseñado para que o alumnado de 1º da ESO aplique o método de proxectos no deseño e montaxe dun circuíto eléctrico con diferentes efectos (luz, movemento, son...) de modo efectivo. Para isto, terá que aplicar os coñecementos sobre electricidade que adquira ao longo do REA.

O alumnado deberá tomar un papel activo, elaborando dun xeito técnico a electrificación dunha maqueta realizada previamente, ou ben no tema de estruturas ou de mecanismos. Deste modo, a metodoloxía ABP toma protagonismo no REA, onde terán uns documentos de axuda: a Memoria Técnica do proxecto, que servirá de guía para o alumnado no proxecto, e o Diario de Aprendizaxe, que axudará a reflexionar sobre as aprendizaxes adquiridas ao longo do REA.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.

Este REA constitúe unha proposta motivadora e contextualizada que permite ao profesorado introducir a electricidade e os circuitos eléctricos desde unha narrativa inspiradora e transversal, conectando a tecnoloxía co coñecemento científico e co desenvolvemento das competencias.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)