Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA3.1.5. - Coñecer os operadores eléctricos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos. |
Coñecer os operadores eléctricos básicos. |
PE (Non incluída no REA) |
UD 4 | 25 % |
|
CA1.1.3 - Definir problemas ou necesidades expostas, sobre electricidade buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia. |
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. |
TI | UD 4 | 7,5 % |
|
CA2.1.3 - Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos de electricidade, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa. |
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. |
TI | UD 4 | 15 % |
|
CA2.2.3 - Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema de electricidade exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa. |
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construír unha solución a un problema proposto. |
TI | UD 4 | 7,5 % |
|
CA2.3.3 - Fabricar obxectos ou modelos eléctricos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. |
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. |
TI | UD 4 | 7,5 % |
|
CA3.1.6 - Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos. |
Deseñar e fabricar un sistema empregando circuítos eléctricos que resolva un problema proposto. |
TI | UD 4 | 22,5 % |
|
CA5.1.3 - Representar e comunicar o proceso de creación dun produto eléctrico desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencial como en remoto. |
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto. Proporcionar formato axeitado á documentación creada. Empregar vocabulario técnico axeitado. |
TI | UD 4 | 7,5 % |
|
CA5.3.4 - Crear contidos, elaborar materiais relacionados con electricidade configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital. |
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar os dereitos de autor e a etiqueta dixital. |
TI | UD 4 | 7,5 % |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba Escrita, TI: Táboa de Indicadores. | ||||