La magia de la electricidad
Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir ao alumnado no coñecemento e aplicación da electricidade na resolución de problemas. Na SA (Situación de Aprendizaxe) o alumnado terá que realizar unha mellora, nunha maqueta realizada neste curso escolar na materia, co obxectivo de planificar unha instalación eléctrica que supoña unha vantaxe importante no proxecto, e que teña en conta un estudo da súa sostenibilidade.
No REA, o alumnado estudará os diferentes elementos dun circuíto eléctrico e os principios básicos da corrente eléctrica. Faise especial fincapé en continuar traballando de xeito correcto e seguro no taller, realizar e seguir unha documentación técnica precisa para o proxecto con ferramentas dixitais. Continúase traballando o Método de Proxectos na aula, buscando a asimilación da aprendizaxe en forma dun produto final que cumpra uns requirimentos previos, establecidos na Rúbrica de Avaliación (incluída no apartado 3.2 desta guía).
As metas de aprendizaxe son:
- Coñecer os conceptos básicos sobre electricidade e operadores eléctricos básicos.
- Montar e simular circuítos eléctricos sinxelos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra e control e receptores.
- Deseñar e construir máquinas utilizando circuítos eléctricos.
- Buscar e comparar información que nos axude coa electrificación do seu proxecto.
- Documentar o proceso e compartilo en grupo, sacando conclusións.