Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO está formada por un total de sete REA. Cada un deles desenvolve íntegramente unha unidade didáctica da programación modelo de Proens (versión 1 do 03/07/2024), mantendo a secuencia e a temporalización previstas nela.

O REA "La magia de la electricidad" é número 5 e correspóndese coa unidade didáctica 5: "Proxecto de electricidade".

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "La tecnología da mucho juego"

1. Tecnoloxía, deseño e fabricación.

CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4.1, CA2.4.2 17 1º Trimestre
REA 2: "Sin miedo a hacer clic" 2. Utilización das TIC no proceso tecnolóxico. CA1.1.1, CA2.1.1, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1.1, CA3.1.2, CA5.1.1, CA5.3.1 5 1º Trimestre
REA 3: "¡Cómo está el patio!" 3. Proxecto de estruturas. CA1.1, CA1.1.1, CA2.1, CA2.1.1, CA2.2, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1, CA3.1.2, CA5.1, CA5.1.1, CA5.3, CA5.3.2 16 1º Trimestre
REA 4: "Un parque animado" 4. Proxecto de mecanismos. CA1.1, CA1.1.2, CA2.1, CA2.1.2, CA2.2, CA2.2.2, CA2.3.2, CA3.1, CA3.1.4, CA5.1, CA5.1.2, CA5.3, CA5.3.3 16 2º Trimestre
REA 5: "La magia de la electricidad" 5. Proxecto de electricidade. CA1.1, CA1.1.3, CA2.1, CA2.1.3, CA2.2, CA2.2.3, CA3.1, CA3.1.6, CA5.1, CA5.1.3, CA5.3, CA5.3.4 16 2º Trimestre
REA 6: "Viaje programado" 6. Programación. CA4.1, CA4.2 16 3º Trimestre
REA 7: "¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula" 7. Sistemas de control e robots. CA3.2, CA3.2.2, CA4.3, CA5.1, CA5.1.4, CA5.3, CA5.3.5 14 3º Trimestre

Eixos da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixos da materia "Tecnoloxía e Dixitalización" de 1º de ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Aplicación de estratexias de resolución de problemas, de planificación, de técnicas colaborativas e seguindo un proceso desde a ideación ata a resolución e avaliación do resultado.
  • Incorporación das tecnoloxías dixitais nos procesos de aprendizaxe, na natureza interdisciplinaria propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e á súa conexión co mundo real. En concreto co ODS 7 (enerxía accesible e non contaminante) e o ODS 12 (produción e consumo responsables), potenciado pola reutilización de materiais nos proxectos.
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico sostible e o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA abrangue a Unidade 5 da programación modelo de Proens da Consellería de Educación e ten os seguintes contidos curriculares:

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas de electricidade en diferentes contextos e as súas fases.
  • Estratexias de procura crítica de información eléctrica durante a investigación e a definición dos problemas expostos.
  •  Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
Bloque 1
  • Uso e manipulación de ferramentas básicas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
  • Respecto das normas de seguridade e hixiene.
Bloque 2
  • Electricidade básica para a montaxe de circuítos físicos ou simulados. Montaxe e/ou simulación de circuítos sinxelos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra ou control e receptores. Compoñentes básicos e simboloxía.
  • Deseño de sistemas que incorporen estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxecto.
Bloque 3
  • Vocabulario técnico apropiado.
  • Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
  • Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
Bloque 5

Os obxectivos da materia traballados especificamente no REA son:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e
segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
OBX 2 Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.
OBX 3
Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX 4
Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.
OBX 6
Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.

As competencias clave e os descritores operativos traballados son:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3
Competencia Plurilingüe (CP) CP2
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1. CD2, CD3, CD4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia emprendedora (CE)  CE1, CE3
Competencia da conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)