A vista de pájaro

Visto: 133 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)

01/08/2025

Imaxe do REA06 de Matemáticas de 5º de educación primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado analiza a súa contorna urbana desde unha perspectiva xeométrica, distinguindo entre perímetro (contorno) e área (superficie) de figuras planas. Proponse a observación de elementos urbanos, a medición de espazos e a aplicación de fórmulas para calcular áreas de triángulos, cadrados, rectángulos e composicións máis complexas. Trabállanse estratexias de descomposición de figuras, estimación de superficies e resolución de problemas reais de planificación e deseño.

O reto consiste en deseñar e crear un "Mural da cidade xeométrica", onde cada equipo representará figuras planas inspiradas en elementos urbanos, calculando o seu perímetro e área. O produto final debe ser visualmente atractivo, matematicamente preciso e acompañado dunha explicación dos cálculos realizados.

Guía didáctica

A vista de pájaro

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)
2025-08-01
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego