Solidarízate xogando!

Visto: 263 veces
Votos
Media: 4.6 (9 votos)

26/03/2025

Imaxe da portada do REA 7 de Educación Física de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe propón a práctica guiada de dous deportes de equipo: o baloncesto e o datchball, traballando os xestos técnicos, a táctica básica e as normas de xogo. O alumnado sitúase nun contexto de compromiso social a través do deporte colectivo. De forma paralela, as alumnas e alumnos deben investigar as asociacións e entidades solidarias da súa contorna, coñecendo diferentes tipoloxías de eventos deportivos con finalidade benéfica.

O reto final consiste en organizar e celebrar un evento deportivo solidario aberto á comunidade educativa. Cada equipo deberá seleccionar o deporte (baloncesto ou datchball), deseñar o formato do evento (torneo, xornada lúdica, exhibición), establecer mecanismos de recadación ou sensibilización para a asociación elixida e xestionar os aspectos loxísticos (inscricións, materiais, normas de convivencia). O produto final incluirá materiais de difusión (carteis, vídeos promocionais, redes sociais do centro) e unha memoria reflexiva sobre o impacto do evento.

Guía didáctica

Solidarízate xogando!

Visto: 0 veces
Votos
Media: 4.6 (9 votos)
2025-03-26
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego