Sementando camiños
"Sementando camiños" é o REA 3 —dun total de 3— para Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe parte da historia de Carballo Ventureiro, un carballo nacido dentro da bota dun soldado que anda á procura do mellor lugar para crecer. Percorre os montes galegos, coñecendo as ameazas que acosan a biodiversidade. O alumnado progresará na toma de conciencia ecolóxica, coñecendo a importancia das condutas cívicas e coidado do medio ambiente.
O reto consiste na creación dunha escultura con materiais naturais e de refugallo, que formará parte da terceira sala do museo proxectado para esta área, coñecendo así a arte da reciclaxe. Ademais, plantarán pequenos carballos ou outras especies autóctonas nos lugares que escollan e que sexan axeitados.