Pongamos que hablo de una ciudad - Descrifrando los grandes temas de la cultura
As oito ODE que forman o proxecto son unha serie de materiais didácticos para Lingua Castelá e Literatura, estruturados e planificados para o 4º ano da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Cada ODE está estruturado arredor dun tema, que serve de eixo condutor de todas as actividades didácticas. No tocante ao bloque de Educación Literaria, este afástase da tradicional orde cronolóxica e perspectiva nacional para entroncar directamente coa disciplina da Literatura Comparada, en particular, con postulados tematolóxicos e transnacionais.