Operación viñeta!

Visto: 4 veces
Votos
Aínda sen votos

13/06/2026

Imaxe da portada do REA 4 da materia de Lingua Galega e Literatura de 2º de ESO.

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 —dun total de 6— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2.º ESO de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques de contido do currículo de 2.º da ESO da materia de Lingua Galega e Literatura. Estes céntranse nos procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais; na lectura autónoma; e na lectura guiada. Ademais de contidos relacionados co funcionamento do sistema lingüístico, de índole semántico, sintáctico, morfolóxico e gramatical. Tamén busca incorporar estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais, motivadoras que requiran distintos niveis de dificultade. 

O reto consiste en facer un cómic así como na gravación do proceso de creación do mesmo. Neste REA, o alumnado elaborará de maneira colaborativa a súa propia banda deseñada. Terá que decidir se creala de cero ou adaptar un texto xa existente, deseñar un guión, dividilo en viñetas, aplicar os elementos e características do cómic, elaborar a súa versión definitiva e gravar todo o proceso. Ademais disto, achegarase á historia e situación da banda deseñada galega e converterase en corrector ou correctora de textos doutras persoas da clase.

Guía didáctica

Operación viñeta!

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2026-06-13
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego