Onde hai noticia?

Visto: 29 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

13/06/2026

Portada do REA6 para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 —dun total de 6— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o coñecemento dos medios de comunicación escritos e as tipoloxías textuais que cómpre traballar para ler e redactar os seus contidos. Estes coñecementos trabállanse cun enfoque competencial orientado á reflexión, á análise e á aplicación práctica dos coñecementos da materia.

No reto proposto, o alumnado aprenderá a distinguir as distintas tipoloxías textuais propias dos medios de comunicación escritos para ser capaz de comprender os distintos artigos coma para poder redactalos. As actividades están destinadas á montaxe do produto final, un boletín informativo creado polo alumnado e destinado a toda a comunidade educativa.

Guía didáctica

Onde hai noticia?

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2026-06-13
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego