O ADN dos deportes de equipo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 —dun total de 4— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a análise dos deportes de equipo convencionais e alternativos, co obxectivo de comprender as súas características principais, as súas regras básicas e os valores asociados á práctica deportiva, como o traballo en equipo, o respecto e a cooperación. A través desta proposta, promóvese unha aprendizaxe activa e participativa, na que o alumnado observa, investiga e reflexiona sobre diferentes modalidades deportivas, desenvolvendo ao mesmo tempo habilidades motrices, estratéxicas e sociais.
No reto proposto, o alumnado analizará distintos deportes de equipo, tanto convencionais como alternativos, identificando os seus elementos comúns e as súas diferenzas. A partir desta análise, deberán innovar e crear un novo deporte de equipo, definindo as súas regras, o espazo de xogo, o material necesario e o sistema de puntuación. Como produto final, organizarase un pequeno torneo no que se poñerá en práctica o deporte creado, fomentando a participación, a creatividade e o espírito deportivo dentro da comunidade educativa.