A nosa partiteka

Visto: 265 veces
Votos
Aínda sen votos

2023-04-13

Miniatura recurso

“A nosa partiteka” conta con 4 secuencias de aprendizaxe nas que se afonda na tecnoloxía musical e na interpretación e creación musicais, tendo en conta as diferentes competencias básicas, a transversalidade e o uso didáctico das TIC, sen esquecer a súa tradución ao inglés.Trátase dun repertorio de partituras, grazas ao cal podemos afondar na tradición musical galega e en lingua inglesa, así como crear os nosos arranxos musicais e interpretalos en directo ou gravalos. En cada obradoiro (secuencia de aprendizaxe), ademais de traballar sobre o currículo oficial da materia de música, o alumnado entrará en contacto co mundo da tecnoloxía musical afondando no coñecemento e manexo de software musical libre (MuseScore) que lle permita crear as súas propias partituras.