Deportes alternativos: (6) Indiaca ou Peteca
![Indiaca ou Peteca](/sites/default/files/styles/large/public/imaxes/recursos/indiaca_logo.jpg?itok=nbe5PuP-)
Esta unidade sobre a Indiaca ou Peteca pertence a un conxunto de 8, nas que se traballan distintos deportes alternativos.
Está dirixida aos niveis de 3º e 4º da ESO, aínda que tamén podería traballarse noutros niveis, coas adaptacións que o profesorado estime oportunas.
Nela inclúese información sobre regras básicas do deporte, quecemento específico, actividades interactivas, proxecto/s final/ais e autoavaliación do aprendido.