Ciencias da natureza - 2º de primaria

Visto: 176 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)
Data

12/02/2025

Portada do ODE

Curso innovador e integral, deseñado para transformar o ensino das Ciencias Naturais en 2º de Primaria a través de actividades prácticas, interactivas e accesibles. Abórdanse as oito competencias clave da LOMLOE, garantindo unha aprendizaxe significativa, multidisciplinaria, coeducativa e inclusiva baseada nos principios do deseño universal de aprendizaxe. Con este enfoque, o alumnado non só adquirirá coñecementos científicos, senón tamén habilidades esenciais para a vida, promovendo o respecto pola natureza e a curiosidade científica.

Abarca todo o ano académico, composto por 6 unidades didácticas (dúas por trimestre). Estas unidades estarán interrelacionadas e funcionarán como un conxunto coherente, pero poderán ser utilizadas como Obxectos Dixitais Educativos (ODEs) de forma independente, se o profesorado así o estima oportuno. A estrutura e organización dos temas é similar á dos cursos de Platega, co fin de que o profesorado se sinta cómodo utilizándoo. Cada unha das 6 unidades segue a mesma estrutura, que comprende os seguintes apartados: 1.- Folla de ruta; 2.- Información; 3.- Comunicación; 4.- Tarefas.

Inclúe copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle dos centros.