A chave do tempo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida propón unha viaxe didáctica a través da historia e acompañando a Breogán, o protagonista desta aventura, nun percorrido polos principais acontecementos históricos dende a Revolución Francesa ata a actualidade.
O reto final consiste en que alumnado creará unha liña temporal sobre os feitos históricos máis relevantes estudados.