Antropoloxía económica

Visto: 0 veces
2013-06-27

Na nosa sociedade a palabra economía fainos pensar nos termos de beneficio e rendibilidade, en todas aquelas cousas que adquirimos con diñeiro (alimentos, vestidos, vivendas, xoias, billetes de avión, prazas nun hotel, libros, discos, etc) Pensamos tamén en todo o que facemos para lograr ter ese diñeiro ( estudar e formarnos para conseguir un posto de traballo, traballar varias horas cada xornada, investir o diñeiro aforrado…\).

Economía - 1º de Bacharelato

Visto: 0 veces
2013-06-27

Aula virtual co programa de 1º de Bacharelato a distancia elaborada no IES San Clemente. Clicando na imaxe que aparece cando lle dades a visualizar, descargarase a copia de respaldo para instalar no Moodle do voso centro. Se -pola contra- pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual.

O estado e o sector público

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Economía de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente. Evolución do papel do Estado na economía. As funcións do sector público na economía. A política económica. Estrutura do sector público en España. A política fiscal: o orzamento do Estado. Os gastos públicos. Os ingresos públicos. O déficit público e o seu finanzamento. 

A renda e a riqueza

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Economía de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente. O fluxo circular da renda. As variables macroeconómicas. Limitación das magnitudes como indicadores. Valor nominal e real das macromagnitudes. A distribución da renda.