La tecnología da mucho juego
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO. A situación de aprendizaxe que desenvolve ofrece ao alumando un primeiro achegamento á tecnoloxía. Tamén lles introduce no deseño de pezas, tanto en 2D como en 3D, así como na fabricación dixital de pezas sinxelas empregando unha impresora 3D e/ou unha cortadora láser.
O reto traballado no recurso permite deseñar e construír entre toda a clase as pezas dun xadrez empregando a metodoloxía propia do método de proxectos. Ao tratarse da primeira unidade didáctica á que se enfronta o alumnado na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, este REA tamén conta cunha avaliación inicial e integra contidos que facilitan un primeiro achegamento á esta materia e ao análise de obxectos.