Revolución! Noticias dun novo mundo
Este REA é o número 6 - dun total de 6- da proposta cREAgal para Xeografía e Historia en 3.º de ESO.
A situación de aprendizaxe céntrase na análise, interpretación e difusión de contidos históricos relacionados coas revolucións burguesas, a Revolución Industrial e a crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814. O alumnado investigará os cambios que deron lugar á sociedade liberal e de clases, empregando fontes históricas e ferramentas dixitais para organizar e comunicar a información de maneira crítica e estruturada.
O alumnado terá como reto crear un xornal histórico —en formato escrito, dixital, pódcast ou radio— no que, como reporteiros da época, elaborarán noticias, entrevistas e reportaxes sobre os principais acontecementos e transformacións estudadas. Estes produtos permitirán analizar e difundir os cambios históricos traballados, empregando linguaxe específica, formatos creativos e estratexias de comunicación propias dos medios.