A banda sonora da túa vida

Visto: 13 veces
Votos
Aínda sen votos

14/06/2026

Imaxe de portada do REA "A banda sonora da túa vida" de Música de 2º ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a historia musical do contorno próximo ao alumnado. Cun enfoque práctico e competencial, o alumnado transpórtase dende os instrumentos da tradición europea e as agrupacións ata o impacto da tecnoloxía, cine e medios de comunicación na música, analizando como a música urbana moldea o mundo que os rodea.

No reto proposto, o alumnado creará un pódcast ou programa de radio, analizando a súa estrutura narrativa e os elementos sonoros que o compoñen, desde a sintonía ata a cuña publicitaria. O produto final —o episodio de pódcast ou radio— servirá para poñer en valor a memoria sonora familiar e desenvolver os coñecementos técnicos de edición, podendo ser compartidos coa comunidade educativa a través dunha fonoteca dixital ou unha radio escolar.

Guía didáctica

A banda sonora da túa vida

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2026-06-14
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego