Salvemos Aldea Vella
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.
O fío condutor da situación de aprendizaxe céntrase nas relacións entre a natureza e a sociedade, valorando a pegada humana no medio e as ameazas que provocan na Terra e na nosa contorna próxima (a Península, Galicia, a nosa comarca, o noso concello...). Para entender a pegada humana é preciso coñecer o espazo natural, rural e urbano, analizando as formas de poboamento e a súa transformación, no mundo e na nosa terra.
Para lograr os obxectivos e acadar as competencias necesarias, o REA formula un reto no que o alumnado deberá empregar todos os coñecementos adquiridos durante as fases do recurso para crear un bando municipal que axude á Aldea Vella a protexer o seu medio natural, previr riscos ambientais e propoñer medidas fronte ao despoboamento e ao abandono do territorio.