Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -o último dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida está centrada nos pobos bárbaros e nas expresións artísticas na antigüidade. Ao longo do recurso, o alumnado aprenderá a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades nas primeiras civilizacións da Antigüidade, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.
O reto proposto consiste na investigación e exposición das principais características dos pobos xermánicos que se instalaron no territorio do Imperio Romano de Occidente, podendo elixir para a exposición entre diferentes formatos, que inclúen: unha presentación, un podcast ou unha animación coa técnica de stop motion.