A importancia da palabra
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está deseñada co fin de introducir ao alumnado na creación de diferentes tipos de textos. Para elaborar o produto do reto utilizarán diferentes tipos de textos cos que se pretende traballar a comprensión e a creación colectiva de documentos.
A proposta para o alumnado será crear un xornal ou revista para dar solución á situación actual da lingua galega na prensa escrita.