Contornas diferentes, deportistas referentes
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Física de 6º de Educación Primaria.
Esta situación de aprendizaxe aborda contidos de educación viaria, deporte adaptado e actividades no medio natural, e faise a través da presentación da vida de Álex, un home en cadeira de rodas que practica deporte adaptado e que propón un reto: darlle visibilidade a persoas que practican deportes paralímpicos coma el.