O noso lugar no mundo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.
Este recurso pretende a aprendizaxe de cuestións como: a orixe do Universo, o inicio da vida no planeta Terra e o futuro que nos agarda como parte dunha sociedade responsable do seu coidado.
A situación de aprendizaxe formula ao alumnado o reto de deseñar e construír entre toda a clase unha liña do tempo en diferentes formatos, empregando a metodoloxía propia da aprendizaxe por proxectos.