O cómic para expresArte

Visto: 257 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)

28/08/2025

Portada del REA4 para la materia de Educación Plástica de 1º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten por obxectivo coñecer as diferentes tipoloxías e funcións da linguaxe visual, empregando o cómic e a fotografía para elaborar un libro dixital baseado en contos e lendas da tradición oral galega, axudando así a que esta non se perda co tempo. 

No reto proposto, o alumnado terá que traballar de forma colaborativa para comprender e reinterpretar un conto popular galego, tendo en conta a súa temática, o estilo gráfico máis axeitado e a planificación das páxinas e viñetas. Decidirán conxuntamente como adaptalo visualmente e organizarán os materiais e tarefas necesarias para a súa execución, rematando cunha avaliación e reflexión final sobre o proceso creativo.

Guía didáctica

O cómic para expresArte

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)
2025-08-28
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego