Visto: 481 veces
Votos
Media: 5 (8 votos)

28/08/2025

Portada del REA2 para la materia de Matemáticas de 2º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Partindo dun contexto próximo e motivador como é a reconversión dun negocio familiar nunha xeadería artesanal, o alumnado explora os conceptos de fraccións e números decimais aplicados á elaboración de receitas e á organización de espazos. As alumnas e os alumnos traballan en equipo para calcular proporcións de ingredientes, organizar andeis segundo capacidades e volumes, e optimizar espazos mediante a aplicación de operacións con fraccións e decimais. Desenvólvense tamén competencias de resolución de problemas, comunicación efectiva e xestión emocional ante retos matemáticos contextualizados.

O reto consiste en deseñar un estante e organizar nos seus andeis os produtos necesarios para elaborar distintas receitas de xeados, aplicando fraccións e decimais nos cálculos. Cada equipo deberá presentar un proxecto que inclúa: plano do estante con medidas e distribución, lista de materiais con cantidades calculadas, e fichas de receitas coas proporcións dos ingredientes expresadas en formatos fraccionarios e decimais.

Guía didáctica

XeaMat

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (8 votos)
2025-08-28
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego